Benvida curso 2013/2014

Dende FANPA PONTEVEDRA queremos darvos a benvida ao curso 2013/14, que veñades con forzas renovadas do verán e comezemos con moitos ánimos.
 

Gustaríanos saber despois destes primeiros días de curso, no que xa tedes coñecemento das necesidades dos centros que nos comuniquedes por mail se vos falta algún profesor, especialista, tedes problemas de transporte, comedor,,,, calquera incidencia que consideredes importante.
 

Envíade mail con asunto inicio curso 2013/14, trataremos de darvos resposta o antes posible, no mesmo mail facédenos unha confirmación do mail e teléfono da ANPA, para ter todos os datos ao día.
 

Solicitamos que nos comuniquedes os cambios de Xunta Directiva da vosas ANPA, lembrade que hai que rexistrar eses cambios, a continuación vos deixo a ligazón do proceso,http://www.nontedurmas.org/as-anpa/actualizacion-xunta-directiva-anpa/article/documentacion-actualizacion-xunta
 

Estamos a vosa disposición para o que precisedes, pregamos concertedes cita para a mellor organización da FANPA.
 

Un cordial saúdo
 

Xunta Directiva FANPA -PONTEVEDRA