Axudas para cofinanciar comedores escolares xestionados polas ANPA

ORDE do 2 de abril de 2018 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar
xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico
2017/18

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entidades beneficiarias

Asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado, legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparten os niveis de ensino básico obrigatorio e/ou segundo ciclo de educación infantil.

Obxecto

Axudas económicas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios.

Bases reguladoras

Orde do 2 de abril de 2018 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2017/18, publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Contía

Importe total da convocatoria: 552.998,00 €.

Contía das axudas: ata un máximo do 50 % do custo do servizo de comedor do centro escolar correspondente.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 2 de abril de 2018 no Diario Oficial de Galicia.

Toda a info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180419/AnuncioG0164-050418-0002_gl.html

 

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2018/04/AnuncioG0164-050418-0002_gl.pdf”]