Convocatoria de asemblea extraordinaria
Compráceme convocalo/a á Asemblea Xeral Extraordinaria.
Día: 08 de febrero de 2014
Hora: 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda convocatoria
Lugar: Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra
ORDE DO DÍA
Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior se procede.
Aprobación do traslado da nova sede da FANPA.
Candidaturas, exposición de cadanseu programa e eleccións de nova Xunta Directiva.
Rolda de intervencións.
O proceso de presentación de candidaturas e de elección de Xunta Directiva establécese segundo o Artigo 16º dos estatutos da FANPA:
Para ser membro da Xunta Directiva serán requisitos necesarios: ser maior de idade, estar en pleno uso dos dereitos civís e non estar incurso en motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.
A elección da Xunta Directiva, farase mediante listas pechadas, que se presentarán ante a secretaría da FANPA cunha antelación de 24 horas dende a primeira convocatoria de Asemblea na que se elixirán os cargos. O/A presidente/a, secretario/a e tesoureiro/a serán nomeados pola Asemblea Xeral Extraordinaria entre as candidaturas presentadas logo da exposición de cadanseu programa de actuación. As candidaturas serán sometidas a votación libre e secreta na Asemblea, despois da identificación das delegadas e delegados con dereito a voto.
Todos os demais cargos, é dicir os vogais, poderán ser ocupados por socios/as, que poden presentarse incluídos nunha candidatura ou de maneira individual e sen máis requisito que comunicalo coa suficiente antelación á Xunta Directiva, para a súa inclusión como elixibles, ou ben poden ser designados pola presidencia electa, sen máis requisito que a súa conformidade e aprobación da Asemblea.
Se non houbese candidaturas, a Asemblea Xeral poderá nomear un presidente ou presidenta que o/a facultará para que nomee as persoas que estime convenientes para ocupar os cargos restantes.
As candidaturas deberán achegar a seguinte documentación:
– Unha listaxe con todos os membros da candidatura asinada pola persoa que a encabece.
– Acreditar ser pai, nai ou titor/a dun alumno/a socio/a dunha ANPA integrada na FANPA.
– Fotocopia do DNI.
– Aceptación do cargo para a candidatura na que participa.
Só terán voz e voto dous membros de cada ANPA debidamente acreditados (certificado Xunta Directiva actual). As acreditacións enviaranse asinadas antes da asemblea por carta ou a info@nontedurmas.org antes do venres 7 de febreiro ás 12.00 h. O día da asemblea poderán entregar os orixinais, sempre e cando se recibise a documentación escaneada en tempo e se comprobe a súa autenticidade.