Convocatoria de asemblea extraordinaria de modificación de estatutos

Tal como quedou exposto e debatido na asemblea xeral ordinaria de 6 de xuño de 2015, proponse unha modificación de estatutos que ten por obxectivos clarificar o proceso de elección para a Xunta Directiva da federación, limitar o voto dos membros da Xunta Directiva en asembleas (se non son delegados da súa ANPA) e correxir outros aspectos menores nos que existían dúbidas, como por exemplo a posibilidade de asumir débedas sen autorización da asamblea. Polo tanto, convocamos aos socios á asemblea extraordinaria o día 24 de outubro de 2015, ás 11:30 h en primeira convocatoria e ás 12:00 h en segunda convocatoria, na sede da FANPA, rúa Xan Guillermo, n 9, Pontevedra, co seguinte orde do día: -# Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior (dipoñible no portal da FANPA -# Exame e aprobación, se procede, da modificación dos estatutos da federación -# Rolda de intervencións Deixamos á vosa disposición a acta da asemblea anterior, a convocatoria de asemblea extraordinaria, e a proposta de modificación de estatutos cos artigos modificados sinalados. Acta asemblea xeral ordinaria de 6 de xuño de 2015 Convocatoria asemblea extraordinaria do 24 de outubro de 2015 Proposta de modificación de estatutos