Asemblea extraordinaria e ordinaria o 23 de xuño.

Estimadas Xuntas Directivas:

 

 

            Como podedes comprobar na carta adxunta, o vindeiro 23 de xuño convocamos Asemblea Xeral Extraordinaria  a celebrar no Salón de actos do Pazo da cultura de Pontevedra nas horas indicadas, para a modificación de estatutos da nosa Federación.

 

            Os estatutos coas modificacións están colgados no noso web, www.nontedurmas.org, e tamén envíados dende hai una semana a todos os correos electrónicos que nos facilitastes, no caso de non poder acceder ou que precisedes que volos fagamos chegar doutro xeito non tedes máis que pedírnolo.

 

             Pregamos nos fagades chegar as suxestións/modificacións que consideredes axeitadas ata o día 15 de xuño ás 14:00 horas.Unha vez estudadas e incluídas as vosas suxestións volveremos a publicalos no web e envíalos por correo electrónico.

 

            Adxuntamos tamén unha acreditación para a citada asamblea para que nola fagades chegar o antes posible para a mellor organización da reunión, o prazo para entregala será ata o 22 de xuño ás 11:00 horas. Aceptarase por mail sempre e cando veña asinado e selado, os/as dous/dúas delegados/as deberán vir provistos do seu DNI o citado día, de non ser así non poderá facer uso do seu voto.

 

 

Pontevedra, 6 de xuño de 2012

 

 

Asdo.: Alberto Pita Castelo

————————————————————————————————————-

CONVOCATORIA ASEMBLEA

 

Convócase Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar no Salón de actos do Pazo da cultura de Pontevedra, o vindeiro 23 de xuño 2012, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e ás 10:30 horas en segunda, co seguinte:

 

 

ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da modificación dos estatutos de FANPA-Pontevedra.

 

 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

 

 

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar no Salón de actos do Pazo da cultura de Pontevedra, o vindeiro 23 de xuño 2012, ás 10:45 horas en primeira convocatoria e ás 11:15 horas en segunda, co seguinte:

 

ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da acta da asamblea anterior.

2.      Aprobación, se procede, do estado de contas e actividades do curso 2011/12.

3.      Dar conta da composición da Xunta Directiva da FANPA.

        4.      Rolda aberta de intervencións.

 

Nota 1: Só terán voz e voto dous membros de cada ANPA debidamente acreditados.

Pontevedra, 6 de xuño de 2012

Carta e orde do día pdf

Acreditación asemblea