fanpa.jpg

7 DE NOVEMBRO 2009 ASEMBLEA XERAL DA FANPA

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA Convócase Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova de Pontevedra, Rúa Augusto González Besada, o vindeiro 7 de novembro de 2009, ás 9:30 horas en primeira convocatoria e ás 10.00 horas en segunda, co seguinte:

ORDE DO DÍA

 Renovación da Xunta Directiva de FANPA-PONTEVEDRA

Todos os interesados poderán presentar candidaturas ata dous días antes da citada asemblea.

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova de Pontevedra, Rúa Augusto González Besada, o vindeiro 7 de novembro de 2009, ás 10:30 horas en primeira convocatoria e ás 11:00 horas en segunda, co seguinte:

ORDE DO DÍA

1-Aprobación , se procede, da acta da asemblea anterior.

2-Informe de contas.

3-Informe da presidenta:

    * Incidencias inicio de curso 2009/10.
    * Actividades realizadas da FANPA ao longo deste curso.
    * Próximos proxectos :Cursos itinerantes de CEAPA sobre funcionamento das ANPA, formador de formadores e familia, concurso de fotografía…

4-Rolda aberta de intervencións.

Nota 1: Só terán voz e voto dous membros de cada ANPA, serán acreditados mediante certificado que se entregará o mesmo día.

fanpa.jpg