Asemblea xeral ordinaria da FANPA 2019

Descargar a orde do día e os anexos

2019-04-27 Convocatoria asemblea xeral ordinaria FANPA

Acreditacións

(máis abaixo publícase para descarga o modelo en varios formatos editables)

As acreditacións podedes envialas previamente á xornada de asemblea por correo a info@nontedurmas.org co título: “Acreditacións da ANPA [nome da anpa]”  e logo presentar os orixinais o día propio ou que os delegados asistentes presenten o orixinal o mesmo día de realización das asembleas. Alternativamente podedes envialas directamente a través do formulario que hai ao final desta información e que tampouco substitúe á presentación de orixinais o día da asemblea.

Se soamente vai vir o/a presidente dunha ANPA como delegado, non é necesario nomear delegados especificamente e, por tanto, non é necesario convocar Xunta Directiva da vosa ANPA. Con presentardes o certificado do secretario da ANPA que acredita o/a presidente chega.

Acreditación en formato .PDF || Acreditación en  formato .ODT (Libreoffice)

As asembleas terán lugar no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Pontevedra, situada na rúa Alfonso XIII da cidade de Pontevedra e comezarán a partir das 10.00 h en primeira convocatoria.

Está previsto que a xornada remate antes das 14.00 h.

icon-car.pngKML-LogoFullscreen-Logo
Biblioteca Pública de Pontevedra

cargando mapa - por favor, espere...

Biblioteca Pública de Pontevedra 42.432285, -8.650784

Nota de web: calquera aviso ou actualización ata o día da asembleas será publicados nesta mesma páxina.


Formulario en liña para enviar acreditacións á asemblea xeral da FANPA (27/04/2019)

Preferentemente en PDF

Comentarios0

Deixa unha resposta