Pinto e Maragota, formación pola diversidade sexual no ambiente escolar

A Concellería de Educación e Igualdade do Pontevedra presenta o Programa Municipal pola Diversidade Sexual PINTO E MARAGOTA e que se estrea cunha xornada de formación o vindeiro bado 19 de xaneiro.
Leva por título DIVERSIDADE SEXUAL NAS AULAS. Materia pendente? e celebrarase no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.
Será unha sesión de 8 horas para que estamos a tramitar a homologación por parte do CEFORE.
Achégase o programa completo e as instrucións para a inscrición que está aberta non só a docentes, senón a calquera persoa interesada e recomendamos a asistencia de alumnado, especialmente á sesión da mañá.
A FANPA quere salientar a importancia deste programa polo que recomenda e anima a que acompañedes a xornada coa vosa presenza nunha iniciativa que sabemos necesaria e da que sen dúbida tiraremos moito partido todas e todos.

Comentarios0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*