A FANPA felicita ao IES Luís Seoane polo Premio Cidade de Pontevedra 2015

A FANPA aproveita esta ocasión para felicitar a toda a comunidade educativa do IES Luís Seoane con ocasión de ter sido elixido como entidade cívica merecente do Premio Cidade de Pontevedra do ano 2015. Congratulámonos de que o apoio á súa candidatura polos méritos contraídos ao longo de moitos anos de actividade deste centro público de ensinanza teñan sido recoñecidos nesta convocatoria de 2015 polo xurado do Premio. De feito, segundo a concelleira de Pontevedra, Carmen Fouces, este premio abrangue non só ao centro educativo senón a todo o barrio de Monte Porreiro que o acolle como o seu mellor símbolo nunha urbanización que rompeu moldes e que, neste caso, contou con apoios que van desde o conselleiro de Educación ao Pobo marroquí en Galicia. Fouces afirmou que se trata dun lugar de encontro no que se traballa pola igualdade. Rua_de_Alemana_-_Google_Maps_2016-01-12_17-06-47.png O IES Luís Seoane é un exemplo de integración social e innovación educativa que tamén mereceu recentemente un recoñecemento estatal coa mención especial do premio Acción Magistral 2015 polo seu proxecto de promoción de valores sociais como escola asociada á UNESCO desde 1997. A FANPA en tanto que institución cívica pontevedresa, aproveita esta ocasión tamén para ofrecer o seu recoñecemento aos demais premiados e candidatos nas demais categorías. Os premiados recibirán os galardóns na sesión de honra no Pleno municipal convocado para o día 20 de xaneiro, no Teatro Principal, o día da festividade de San Sebastián, patrón de Pontevedra. – WebFacebook do IES Luís Seoane