RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020 pola que se acorda a reapertura dos servizos e centros de atención á infancia

“Acordar a reapertura dos servizos e centros de atención á infancia como escolas infantís 0-3, puntos de atención á infancia, casas niño, espazos infantís e ludotecas a partir do 1 de setembro de 2020.”
Nesa data poderán abrir as escolas infantís privadas ou titularidade doutras administracións, pero para as autonómicas a Xunta xa fixara o 4 de setembro como data de inicio do novo curso.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200817/AnuncioG0425-040820-0001_gl.html

O proceso de reapertura realizarase seguindo as medidas, indicacións e recomendacións recollidas no Plan de reactivación no ámbito infanto-xuvenil dispoñible na páxina web da Consellería de Política Social e da Consellería de Sanidade.
https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/arquivos/programas/20200710_plan_reactivacion_ambito_infantoxuvenil.pdf