RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se determinan os prazos de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan programas de cualificación profesional inicial e se ditan instrucións para o seu desenvolvemento no curso académico 2012/13.

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes de admisión e documentación

1. O prazo de presentación de solicitudes para cursar o primeiro ou o segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial será o abranguido desde o día 3 de setembro ata as 13.00 horas do día 12 de setembro.

2. A documentación que debe presentar o alumnado na secretaría do centro que ofreza o programa é a establecida no artigo 17 da Orde do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Con independencia do anterior e para os efectos de aplicación do criterio de prioridade establecido no artigo 18.2.b) da citada Orde do 13 de xullo de 2011, o alumnado solicitante poderá presentar unha certificación de escolarización do centro de procedencia no curso académico anterior.

DOG Nº 153