RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2013 (ED104B e ED104D).

Anunciar a convocatoria pública para solicitar a participación en cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos, entidades e/ou organizacións, con carácter voluntario e gratuíto.
Os cursos realizaranse nas cidades que se citan no anexo III e naquelas localidades que determine a Secretaría Xeral de Política Lingüística, segundo as solicitudes presentadas e a distribución xeográfica destas, e agruparanse preferentemente por bisbarras.
Para facilitar a participación do maior número posible de persoas interesadas, realízase unha oferta de cursos de programación directa que se impartirán nas cidades (anexo III),e dáse a posibilidade de que as entidades, colectivos ou asociacións que pola súa proximidade á cidadanía coñecen de forma directa a demanda e as necesidades de formación de lingua galega no seu ámbito poidan organizar cursos logo de presentar a solicitude, consonte o anexo II, perante o gabinete provincial de normalización lingüística da provincia á cal pertenzan.

 

Convocatoria