RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca unha proba libre do módulo formativo de carácter xeral do segundo curso dos programas de cualificación profesional inicial de formación complementaria de acceso a ciclos

Artigo 1. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto establecer en centros públicos a realización dunha convocatoria de proba libre do módulo formativo de carácter xeral de segundo curso dos programas de cualificación profesional inicial de formación complementaria de acceso a ciclos, co fin de lle permitir ao alumnado que superase os módulos voluntarios dun programa de cualificación profesional inicial ao abeiro da citada Orde do 13 de maio de 2008, correspondentes ao módulo 3 da educación secundaria obrigatoria para persoas adultas, finalizar os módulos obrigatorios consonte a citada Orde do 13 de xullo de 2011 e lograr o acceso aos ciclos formativos de grao medio.

DOG Nº 149