Programa de escola de nais/pais.MEDRANDO A PAR

 

A escola de nais/pais é un espazo de encontro, comunicación, formación e reflexión orientado a mellorar a competencia educativa das familias con nenos/as escolarizados. É un recurso de axuda e apoio ás familias para facilitar e potenciar a súa labor educativa e socializadora.

O programa consta dun total de cinco sesións, celebrarase unha por mes, cunha duración de hora e media por sesión. O horario será fixado atendendo a dispoñibilidade das familias asistentes, evitando interferencias na vida laboral e familiar.

 

Os temas abordados desenvolveranse de maneira práctica e activa facilitando o debate e diálogo dos asistentes.

Formulario de preinscrición