Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias

Orde do 3 de maio de 2010 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no próximo curso académico 2010-2011.


Artigo 1º

1. Convócanse prazas nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, para alumnado que curse os estudos que se indican nos centros que se detallan no anexo I, así como para todas aquelas ensinanzas postobrigatorias non universitarias que os ditos centros teñan autorizadas para o curso 2010-2011.

DOG 11/05/2010