Picnic Faiponting

Tras o éxito da primeira edición de actividades Faiponting no mes de xuño, repetimos a experiencia aportando novidades. Toda unha xornada de picnic na que podes gozar e participar dos espectáculos e actividades que terán lugar entre o Pazo da Cultura e a Illa das  Esculturas ao voso ritmo. A excepción de 3 delas, querequiren inscrición previa, as restantes son de acceso libre e só teredes que achegarvos ao lugar sinalado no horario indicado.
 
Podedes consultar a información completa no seguinte link, descargar o programa completo e as follas de inscrición para os Roteiros Guiados e osobradoiros "Detectives" (competición entre familias de máximo 5 membros) e"Voando Libres" (observatorio de aves e árbores, e confección de paxaros e outras cousas con material da illa)
 
http://www.pazodacultura.org/gl-ES/actividades/faiponting–xornada-de-actividades-e-picnic.aspx
 
Obradoiros de baile e construción de instrumentos, o espectáculo familiar "Na punta do pé", performances, flamenco, danza da man da Escola de Danza Deborah e aOrquestra de Cámara de Lira, rock&roll con "Gold &Colt" + "Querido Extraño".
 
Podedes vir pola mañá, pola tarde ou pasar o día. Traer comida da casa ou mercala nospostos de venda instalados para esta actividade. Achegarvos en familia, en parella, sós, con amigos e incluso coas vosas mascotas xa que terán un protagonismo especial no "Concerto para Cans" con músicos da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. O alumnado do Garaxe Hermético, realizará bandas deseñadas dos peludos cos seus donos, etc.
 
NON QUEDES NA CASA, CRUZA O RÍO, FAIPONTING!!