Orde do DOG nº 37 de 2016/2/24 – Xunta de Galicia

ORDE do 18 de febreiro de 2016 pola que se convoca e se establece o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada con prazas concertadas para o curso 2016/17.

Orixe: Orde do DOG nº 37 de 2016/2/24 – Xunta de Galicia

Mañá ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para escolas públicas, que durará un mes, e estará aberto ata o 26 de marzo.

A relación de admitidos publicarase o 3 de maio e logo haberá 10 días naturais para posibles reclamacións, e se o neno quedase en lista de espera, poderase pedir a praza concertada ou, en último caso, o bono Concilia.

A resolución final publicarase o 30 de maio e o prazo para matricularse en calquera escola infantil da rede Galiña Azul será desde o 1 ao 10 de xuño.