ORDE do 9 de decembro de 2014 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes desta consellería para a súa dinamización, en réxime de oferta concertada, fóra do período da campaña de verán.

1. A Consellería de Traballo e Benestar convoca a presente oferta de uso dalgunhas das súas instalacións xuvenís nos termos e conforme o procedemento para a súa adxudicación que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas e coa duración máxima que se recolle no artigo 5. 2. A utilización das instalacións por parte dos beneficiarios deberá referirse á realización de actividades de educación non formal coa xuventude, entendidas estas como actividades que posibilitan aos seus participantes a adquisición de competencias, habilidades e aptitudes mediante procesos que teñen lugar á marxe da educación regrada. DOG Nº 240