ORDE do 7 de agosto de 2012 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican.

Artigo 1. Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa
galega de nivel medio e superior e cursos preparatorios para a consecución dos
certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2012, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos II e IV,  respectivamente.

DOG 22/08/2012