ORDE do 29 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública do Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos Camiños de Santiago e se convoca a súa XVII edición para o ano 2012.

Artigo1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Mediante esta orde establécense as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión do Premio Elías Valiña para distinguir o esforzo protector, revitalizador, promocional e de fomento do coñecemento e dos valores propios dos Camiños de Santiago por parte de asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro. Nestas bases inclúese, así mesmo, a mención especial a unha persoa física que teña contribuído especialmente á posta en valor daqueles. O texto destas bases achégase como anexo I desta disposición.

2. Así mesmo, mediante esta orde, convócase o dito premio para o ano 2012.

DOG Nº 119