Orde do 22 de xullo de 2010 pola que se establece a oferta de programas de cualificación profesional inicial en centros públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

a) Modalidade A, en que todos os módulos obrigatorios se imparten no mesmo centro educativo, agás a formación en centros de traballo.

b) Modalidade B, en que os módulos específicos se imparten nun centro educativo, agás a formación en centros de traballo e os módulos formativos de carácter xeral que se imparten noutro.

c) Modalidade C, en que poderán participar as corporacións locais, as asociacións profesionais, as asociacións non gobernamentais e outras entidades empresariais e sindicais, baixo a coordinación e logo de autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, unicamente na opción de programas mixtos en que os módulos formativos de carácter xeral se imparten en centros educativos e os módulos específicos fóra deles.

DOG 3/09/2010 oferta_pcpi_10-11.pdf