ORDE do 21 de decembro de 2012 pola que se publica a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2011-2012, convocados pola Orde do 3 de agosto de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 13 de agosto).

Unha vez publicada a relación provisional da proposta, dado cumprimento ao disposto no citado artigo 13.2, vista a acta coa proposta definitiva da Comisión de Selección de adxudicación dos premios e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlle os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2011-2012, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde de adxudicación dos premios poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2012

DOG N.º3