ORDE do 20 de abril de 2015 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Cheque infantil e se procede á súa convocatoria.

Artigo 1. Obxecto Esta orde ten por obxecto a regulación do proceso de concesión de axudas económicas e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención de nenas e nenos de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos. Artigo 2. Tipo de axuda 1. A axuda convocada consiste nunha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, ás persoas solicitantes con nenas e nenos entre 0 e 3 anos a cargo, por un período máximo de 11 meses. 2. A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo co cadro seguinte, e non poderá superar en ningún caso o custo da praza: [ DOGA Nº 78->http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150427/AnuncioCA05-210415-0002_gl.html]