ORDE do 2 de xullo de 2012 pola que se resolve a convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos á redución do abandono escolar, nos concellos de Galicia para o ano 2012.

Primeiro. Publicar a relación de subvencións concedidas, de acordo co establecido no artigo 12, para o desenvolvemento de programas dirixidos á redución do abandono escolar, nos concellos de Galicia para o ano 2012, segundo figura no anexo.

Segundo. A xustificación dos gastos realizados polo concello farase atendendo o disposto no artigo 18 da orde da convocatoria.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012

DOG Nº 132