ORDE do 16 de maio de 2013 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

Convocar axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT) en réxime de concorrencia non competitiva, nas seguintes modalidades:

1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio español.

2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.

DOG n.º  95