Mellora na guia de centros educativos de Galicia.

Informámoslle que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Cultura, Educación e O.U., continuando coa mellora da "Guía de centros educativos" (http://www.edu.xunta.es/webcentros) acaban de introducir unha nova funcionalidade: a localización xeográfica dos centros de ensino.

Esta funcionalidade permite, a través dun mapa "Google Maps", coñecer a localización dos centros educativos, visualizar a súa localización a través de imaxes vía satélite ou de mapas, e con Street View obter panorámicas dos centros seleccionados e as súas áreas circundantes mediante imaxes de 360 graos a pé de rúa .

Ademais, nesta guía segue a disposición de toda a comunidade educativa información relevante dos máis de 1.600 centros de ensino non universitario de Galicia: datos de contacto, lugares de docencia, oferta educativa, etc.