Letras galegas 2010: ano de Uxío Novoneyra

Nacido en Folgoso do Courel en 1930, foi un dos referentes da poesía galega contemporánea. Morreu en Santiago de Compostela cando apenas entrara na ancianidade, o 30 de outubro de 1999, e foi enterrado en Lugo, no cemiterio. A bibliografía de Novoneyra é moi complexa, e algúns dos seus poemas máis célebres foron publicados en revistas ou panfletos moito antes de seren recollidos en libro. Unha das obras que podemos destacar é Os Eidos, con poemas escritos entr e1952 e 1953. 

Coñece máis sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra a través dun texto de Darío Xohán Cabana na web da Real Academia Galega,  onde se pode consultar tamén o programa de actos conmemorativos.

Fonte: Xunta de Galicia – Secretaría Xeral de Política Lingüística