Guía de compra segura na Internet da Axencia Española de Protección de datos

A Axencia Española de Protección de Datos acaba de dar a coñecer unha guía para poder realizar compras seguras por Internet.

É unha iniciativa conxunta co Instituto Nacional de Ciberseguridade , AECOSAN e a Policía Nacional, para axudar a todos os potenciais compradores on-line a realizar as súas transaccións na Internet dunha maneira máis segura.

CEAPA, así como Confapa-Galicia e a FANPA colaboran na difusión desta información de interese social e convidan a darlle difusión entre as familias, xa que hoxe en día o acceso a servizos tantos públicos como comerciais na rede está en ascenso xeométrico aínda que moitas veces sen tomar as precaucións debidas.

Aquí vos presentamos tamén esta información xeral en forma de fichas didácticas e agradécese a difusión que lle poidades dar.

 

FICHAS-COMPRA_SEGURA_INTERNET-INTERACTIVO-HQ