Guía de apoio contra o acoso escolar

A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia edita a guía “Axúdalle fronte ao acoso escolar” dirixida as familias con nenos e nenas que sofren acoso escolar no seu ámbito educativo. A familia é o apoio fundamental nestes casos e cómpre orientalo correctamente. En palabras da decana dos psicólogos

Desde a práctica profesional, a Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sentimos a necesidade de elaborar unha guía que asesora ás familias ante o acoso escolar. Creemos que dentro da comunidade educativa as familias son as menos formadas ante o tema, e tamén as máis vulnerables. Moitas veces non sabe que facer e/ou a quen dirixirse ante esta
problemática. A veces senten que o silencio vai acabar co problema, cando é todo o contrario, co silencio o problema crece e convertese en síntomas psicosomáticos, que se non se tratan a tempo coas estratexias psicolóxicas axeitadas, chegan a instalarse e converterse en traumas.
Esta guía servirá ás familias como folla de ruta, cunhas pautas sinxelas que poderán por en marcha.
Solicitamos se lle dea a máxima difusión posible a guía.
Un cordial saúdo.
Mª Rosa Álvarez Prada
Decana

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/10/guia_axudalle_fronte_ao_acoso_escolar.pdf”]