Comeza o prazo da solicitude de axudas para que as garderías bonifiquen a matrícula dos segundos fillos nas escolas infantís privadas

A Consellería de Política Social abre o prazo para que as escolas infantís soliten subvención co fin de que a matrícula dos segundos fillos sexa de balde.

ORDE do 13 de marzo de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3 de titularidade privada, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS420C).

Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia non competitiva, o procedemento de concesión de axudas económicas ás escolas infantís 0-3 anos de titulari-dade privada para promover a aplicación dunha bonificación do 100 % do prezo correspon-dente á atención educativa prestada entre o 1 de abril e o 31 de decembro de 2020 e da gratuidade da matrícula relativa ás prazas ocupadas para o curso 2020/21 por segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familia.

 

Acceso á orde

Comentarios0

Deixa unha resposta