CEIP Sestelo-Baión

Unha boa alternativa para matricular aos teus fillos/as, se es desta zona, mira este díptico informativo, igual pode ser do teu interese.

Tanto o centro como a ANPA queren impulsar a matrícula no colexio, nos que están instaurados os servizos de comedor e madruga, co cal podedes conciliar a vida familar e laboral.

O CEIP de Sestelo-Baión atópase a 350 metros da estrada que une
Pontevedra con Vilagarcía e a tan só 6 km do núcleo urbano desta última. A
súa ubicación a carón da rotonda de Godos conecta rapidamente o colexio
coa Variante de Bamio, o Vial do Porto e a Autovía do Salnés. Cara o
leste, o enlace coa AP-9 está tan só a 5 km.

Accédese ao centro ben desde San Simón pola entrada ao novo Polígono
de Baión, ou ben pola PO-9701 (Baión-András) á altura do centro de saúde.
TEMPOS COMPROBADOS:
Rotonda de Godos… 2 minutos
Carril … 10 minutos
Caldas de Reis … 10 minutos
Cornazo … 6 minutos
Fexdega … 9 minutos

Díptico informativo