Bolsas para realizar prácticas en centros de atención a menores da Xunta de Galicia

Entidade:
Xunta de Galicia

Publicación:
DOG de 24/09/2010

Prazo:
1 mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Descrición
A Xunta de Galicia convoca 13 bolsas para a realización de prácticas nos centros de internado de menores dependentes da Xunta de Galicia durante o curso escolar 2010-2011.
Poden solicitalas aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos

  • Ser español/a ou nacional de calquera país membro da Unión Europea, legalmente establecido en España e con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • .Non ter cumprimentos os 25 anos
  • Estar a cursar ou ter acabados estudos de formación profesional de grao superior en animación sociocultural, animación de actividades físicas e deportivas e integración social, ou estudos universitarios de psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, mestre de educación primaria ou educación física, traballo social e educación social

Becas prácticas FP