A inicio desde << Familias           Domicilio:  Alfonso XIII, núm. 7 3.º andar (antigo Conservatorio) 986843412 info @ nontedurmas.org G-36020311


Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo

10
mai
Familias

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, para todas aquelas ensinanzas postobrigatorias non universitarias que os ditos centros teñan autorizadas para o curso 2012-2013.
Para poder optar á praza de residencia os aspirantes deberán acreditar as circunstancias que impidan a súa escolarización nun centro sostido con fondos públicos. Con carácter xeral, esta circunstancia será a de non poder cursar os estudos solicitados por non haber un centro sostido con fondos públicos que imparta os devanditos estudos, ben na localidade de residencia, ben nunha localidade próxima que permita, polos medios de comunicación da zona, un acceso diario con facilidade. Con carácter particular, e documentalmente acreditado, poderanse ter en conta outras circunstancias, como condicións de orfandade, fillos de emigrantes ou situacións familiares moi graves.

As solicitudes poderanse presentar directamente nos centros residenciais docentes ata o 11 de xuño de 2012.

Xuventude.net



moderación a priori

Este foro é moderado a priori : a súa contribución non aparecerá namentres non sexa aprobada por un administrador do web.

Algunha mensaxe, un comentario?
  • (Para crear parágrafos, simplemente deixe liñas baleiras.)

Quen é vostede? (opcional)

inicio | SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Contactar | Seguir a vida do web RSS 2.0