Ola Alejandra
Efectivamente tes que pedir a axuda, xa que a túa filla está matriculada en 1º de primaria.
Tes que ver a renta per cápita, para comprobar se é igual ou inferior a 9.000 €, os importes referidos segundo a renda do ano 2008 (TES QUE SUMAR OS RECADROS 455 E 465).
Lembra que se entende renda per cápita, a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computable, se o (pai,nai, irmáns) teñen unha discapacidade igual ou superior ao 33% computan por dous.
Os importes para este curso son:
Renda per cápita familiar ata 5.400€. 180 €
Renda per cápita familar desde 5.400,01€ ata 9.000 €:104 €
Podes descargar os anexos que tes que entregar da nosa páxina, pedilos no teu Centro Escolar ou nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación.
Tes un prazo dun mes para solicitar a citada axuda, hai que entregala no centro, se che xurde algunha dúbida diríxite a eles para que os formularios vaian cubertos correctamente.
Despois xenerarán un vale, o que de momento non se sabe é a que altura vos darán o vale, supoño que nos vindeiros días definirase un pouco máis o protocolo.
Un saúdo