Aínda non sacaches o carné de conducir? Axudámosche? Convocatoria 2013

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha condución segura e responsable, pon ao teu alcance a obtención do carné de conducir.

Se tes entre 18 e 30 anos, resides en Galicia e, ademais, cumpres os seguintes requisitos:

  1. Es titular do carné xove
  2. A túa unidade familiar non ten ingresos superiores aos sinalados na orde (entre 2,5 e 3 veces o IPREM, dependendo da composición da unidade familiar).
  3. Estás matriculado nunha autoescola (no caso de que non teñas xa o carné de conducir, expedido con posterioridade ao 1 de xaneiro deste ano)

http://xuventude.xunta.es/ainda-non-sacaches-o-carne-de-conducir-axudamosche-convocatoria-2013.html