Acto co Conselleiro de Educación

A TODAS As APAs DE CONFAPA-GALICIA

 

Estimados amigos/as e compañeiros/as:

CONFAPA-GALICIA (Confederación de Federacións de Centros Públicos de Galicia), en colaboración coa Fundación Barrié da Coruña, organiza o vindeiro sábado día 15 de outubro (sábado) un acto ao que acudirá como único convidado o Conselleiro de Educación D. Xesús Vázquez Abad. O tema principal será a Orde que regula a xornada de traballo do profesorado, as medidas de supresión de actividades complementarias e extraescolares para o curso 2011-2012 que anuncian numerosos claustros de profesores, e todas aquelas cuestións que queirades expor na quenda de intervencións.

Por razóns de organización rogamos confirmedes asistencia ao fax 981 201962 ou á dirección de correo confapagalicia@yahoo.es utilizando a ficha que achegamos.

LUGAR: Fundación Barrié. Cantón Grande, 9 da Coruña (Esquina

paralela a Banco Pastor)

DÍA: 15 de outubro (sábado)

HORA: 11:00 horas

Esperamos a vosa asistencia. Colabora