A Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar a prestación económica por fillos e fillas menores de tres anos

A Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar a prestación económica por fillos e fillas menores de tres anos

Aquelas persoas que con data de 1 de xaneiro de 2017 teñan ao seu cargo menores de tres anos (nados entre o 02/01/2014 e o 01/01/2017) e que nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF correspondente ao ano 2015, terán dereito a percibir unha prestación que consistirá nun pagamento único de 360 euros pola primeira filla ou fillo, de 1200 euros pola segunda ou segundo e de 2400 euros polo terceiro e sucesivos.

Tamén poderán beneficiarse desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016.

Ademais, en todos os casos, as persoas proxenitoras deben ter a súa residencia habitual en Galicia e na data da solicitude, os nenos e nenas deben convivir coa persoa solicitante.

A concesión da axuda efectuarase sen fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos e o prazo para resolver estas axudas é de 5 meses desde o día seguinte ao da data en que a solicitude teña entrada no rexistro para a súa tramitación.

O prazo de presentación das solicitudes establécese entre o 4 de abril e o 29 de maio. E estas presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Orixe: A Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar a prestación económica por fillos e fillas menores de tres anos – Xunta de Galicia

Comments:1

Comments are closed. You can not add new comments.

  1. Falta a coletilla “, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.” (Artigo 3) iso seguro que reduce moito o número de persoas beneficiarias.