A familia ante as redes sociais e o uso de internet.

Ser pai e nai no século XXI leva atender novas realidades da crianza e a
educación familiar. Unha delas é a inclusión das novas pantallas no día a día das
familias. Fai non tanto chegaban aos fogares o teléfono e a televisión, unhas décadas antes
a radio.
Os nosos fillos e fillas naceron co computador debaixo do brazo e para eles o teclado e o
rato son obxectos comúns da súa infancia. Para nós esta realidade é unha novidade, pois nos atopamos educando no uso dunhas tecnoloxías que non coñeciamos de nenos e
ata, en moitas ocasións, non dominamos de adultos.
As Redes Sociais en Internet son un fenómeno recente: en dez anos estas aplicacións
desenvolvidas na época de Internet prenderon con forza entre adolescentes,
converténdose nunha das marcas de identidade desa xeración. Eles usan Tuenti,
Facebook ou Bebo para comunicarse e deste xeito instálase un sentimento de identidade
entre eles, que os diferenza dos seus maiores, das xeracións anteriores.

Prema na imaxe para acceder a publicación de CEAPA