A Comisión Escolar de Alertas determina a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 pola alerta laranxa

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2014.- A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por refachos de máis de 110 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

Fonte;Xunta de Galicia