Confapa-Galicia aclara que o Consello Escolar de Galicia non apoia as reválidas

CONFAPA-GALICIA, que ten a representación das ANPAS de toda Galicia, na Comisión Permanente do Consello Escolar de Galicia, declara que en contra do que afirman algúns medios de comunicación, que nin o Pleno nin a Comisión do CEG trataron a valoración dos exames de reválida que impón o Ministerio.

Moi ao contrario, Confapa-Galicia pode demostrar que o CEG, como órgano consultivo obrigatorio para a Consellería de Educación, ten emitido un ditame negativo sobre o desenvolvemento da LOMCE, en concreto sobre o currículo do Bacharelato e solicitou a retirada do decreto que o desenvolve.

Achegamos o texto completo da aclaración emitida pola presidenta de Confapa-Galicia.

161018-comunicado-ceg-revalidas-de-secundaria