CEAPA e o Sindicato de Enfermería demandan a presenza de servizos de enfermaría nos centros

  • CEAPA e SATSE coinciden na necesidade de que os centros educativos do noso país conten coa presenza dunha enfermeira ou enfermeiro e, por iso, desenvolverán unha campaña institucional e de comunicación conxunta para sensibilizar e concienciar a administracións públicas e cidadáns.
  • SATSE e CEAPA consideran fundamental a presenza dunha enfermeira ou enfermeiro que pidan atender os nenos e rapaces con necesidades específicas, ademais de realizar labores de información, educación, asistencia e coidados programados e de urxencia ao conxunto da poboación infantil e xuvenil do centro.
  • Na mesma liña, Confapa Galicia presentou hai uns días unha iniciativa lexislativa popular (ILP) perante o Parlamento de Galicia

http://www.confapagalicia.org/novas

A Proposición Non de Lei conta cos apoios de varios colectivos e asociacións autonómicas: Federación Galega de Diabetes, Unión Galega de Epilepsia, Federación Autismo Galicia, Asociación de Déficit de Atención Hiperactividade e Necesidades específicas de apoio educativo, Asociacións de Nais e Pais (CONGAPA e CONFAPA), Colexio de Enfermería de A Coruña e Consello Galego de Médicos. A nivel Estatal conta co apoio da Asociación Madrileña de La Enfermería de Centros Educativos (AMECE), creada no 2009 e que recentemente ampliou o seu alcance ó territorio nacional para defender a necesidade da devandita figura.

 

np_5_12_2018 -Acuerdo SATSE-CEAPA

Comentarios0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*