I Concurso Literario Infantil sobre a protección de datos

Destinatarios/as

Alumnado de 1º a 4º de ESO, ambos inclusive.

Entidades convocantes

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

Obxectivos

Que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade. Cómpre promover o coñecemento entre a cidadanía sobre cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.

Requisitos

Poderán participar todos os rapaces e rapazas de 1º a 4º de ESO de idade, ambos inclusive, estudantes en centros escolares sostidos con fondos públicos de Galicia.

O xénero literario será artigo periodístico, exposición divulgativa (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto.

Prazo

Ata o 28 de febreiro

d4a7b42e421e87326caa2e3af14f80e0