Concurso de carteis para promover o rexeitamento do consumo de alcol

Nota:

Lembramos que o prazo para remitir os traballos do Concurso de CEAPA dirixido a adolescentes para fomentar o rexeitamento ao consumo de alcol, finaliza o 31 de outubro.

 

CEAPA convoca o alumnado de Secundaria a participar neste concurso co obxectivo de promover o compromiso dos adolescentes, dándolles un papel protagonista na creación de ideas e iniciativas que permitan reforzar a mensaxe do consumo 0 de alcol en menores.

Os traballos e datos débense enviar a través da plataforma de concursos de CEAPA: http://ceapaconcursos.es/concurso/10

O concurso está dirixido a menores de 12 a 16 anos e consta dunha única categoría e 3 premios aos que se deben presentar as propostas compostas de cartel con eslogan e debuxo para fomentar o rexeitamento ao consumo de alcol. O xurado valorará a adecuación, orixinalidade e creatividade.

Poderá participar calquera adolescente dun centro público que teña a súa ANPA asociada nunha das federacións e confederacións de CEAPA.

A data límite para a entrega dos traballos é o 31 de outubro de 2017.

Para calquera dúbida ou cuestións podedes poñervos en contacto no número de teléfono 91 7014710 ou no correo electrónico ceapa@ceapa.es

Descargar as bases

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/09/ConcursoAlcohol.pdf”]