A Federación de ANPA da provincia de Pontevedra convoca o II Certame de Relato Curto

cartaz_jpg.jpg

 

Foto da presentación do II Certame de Relato Curto.

Logo da gran participación no curso pasado da edición do certame, a FANPA (Federación de ANPA da provincia de Pontevedra) convoca o II Certame de Relato curto. Está dirixido ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato dos centros públicos da provincia de Pontevedra e aos adultos que convivan con eles. O prazo de entrega dos traballos vai  dende o 13 de xaneiro ata o 28 de febreiro.

Os relatos gañadores e os finalistas serán publicados nun libro pola editorial Kalandraka e   os catro relatos gañadores publicaranse, ademais, no Diario de Pontevedra. 

Os premios para cada gañador ou gañadora de cada categoría serán: 

un libro con todos os relatos gañadores e finalistas (máximo 100),

un vale de 200 euros, 

un lote de libros de Kalandraka e 

unha lámina dixital autenticada polo ilustrador do libro. 

Cada finalista recibirá tamén un exemplar do libro cos relatos gañadores e finalistas.

Ademais da editorial Kalandraka, colaboran a Concellaría de Normalización do Concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra, o Diario de Pontevedra, Gadis e Novagalicia Banco.

Os principais obxectivos deste certame son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego nas familias, facilitar as posibilidades de publicación a novos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as, crear un espazo común e familiar para a creación literaria.

http://pontevedraviva.com/cultura/9510/kalandraka-fanpa-publicaran-libro-colectivo-relatos-cortos-escolares-escritores-aficionados/

Cartaz concurso

Díptico concurso relato

FANPA1.jpg

FANPA2.jpg