De acordo co artigo 4º da Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG do 5 de marzo do mesmo ano e que tedes máis abaixo) para solicitar a implantación do servizo de comedor, débese remitir á Xefatura do Servizo de Recursos Educativos Complementarios a seguinte documentación:

  • Anexo I da Orde cuberto
  • Certificación do acordo do Consello Escolar do centro no que se solicita a apertura do servizo de comedor escolar.
  • Proposta sobre a modalidade de xestión do servizo e xustificación dela.
  • Calendario e horario de funcionamento.
  • Número de comensais para os que solicita o servizo e capacidade do local destinado a comedor.
  • Localización no centro das distintas dependencias do servizo de comedor escolar, planos e informe de necesidades de adaptación e, se for o caso, mobiliario acorde coa normativa vixente.
  • Informe da Inspección de Saúde Pública sobre as condicións da instalación para uso do comedor.
  • Memoria de actividades complementarias, (de acordo co exposto no apartado g. punto 3, artigo 4º)
  • No caso de que a modalidade de prestación sexa a de prestación pola ANPA, deben remitir o compromiso da ANPA de asumir a xestión e o financiamento do comedor (apartado h do punto 3), así como do Consello Escolar de asumir a supervisión do seu funcionamento.

 


Normas que regulan a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios.

Consulta recomendada: Na seguinte ligazón atoparades a normativa actualizada e ordenada a partir de 2011

Normas servizos educativos complementarios: comedores e transporte

Normativa anterior:

Comedores escolares

Updated on 2016-03-10T13:05:09+00:00, by Xestión.