A inicio desde << Comedores e Madruga           Domicilio:  Alfonso XIII, núm. 7 3.º andar (antigo Conservatorio) 986843412 info @ nontedurmas.org G-36020311


Devolución das axudas dos comedores escolares nos centros públicos de Pontevedra

1
dec
Comedores e Madruga

Estimadas familias:

 Dende a FANPA queremos comunicarvos que xa recibimos a subvención para os/as usuarios/as do comedor escolar da Consellería de Educación relativa ao segundo e terceiro trimestre do curso escolar 2009-2010 (xaneiro-xuño).

 E a partir do próximo día 20 de decembro, farémosvos chegar o importe correspondente, dependendo dos días/meses que teña utilizado o servizo.

 Os/as usuarios/as que teñan pendente algún recibo, non recibiran a subvención ata que fagan efectivos os pagos.

 As persoas interesadas en coñecer a devolución que lles corresponde poden poñerse en contacto  coa súa ANPA, coa FANPA de 10:00h a 13:00h ou ben no correo electrónico:bea.actividades-complementarias@nontedurmas.org entre o día 2 e 15 de decembro.

 O diñeiro a ingresar foi contabilizado a partir do número de nenos/as e días que estes utilizaron o servizo, calquera variación inflúe indirectamente nos outros, polo tanto as reclamacións ou dúbidas terán que ser nos días indicados anteriormente, para poder  empezar a ingresar os cartos correspondentes a cada un, por medio da empresa Serunion

PDF - 32 KB
CARTEL ANPA

 Apartado de Correos 511 – 36080 PONTEVEDRA - ( 986 843 412 )


2 Mensaxes do foro


moderación a priori

Este foro é moderado a priori : a súa contribución non aparecerá namentres non sexa aprobada por un administrador do web.

Algunha mensaxe, un comentario?
  • (Para crear parágrafos, simplemente deixe liñas baleiras.)

Quen é vostede? (opcional)

inicio | SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Contactar | Seguir a vida do web RSS 2.0