Vacantes nas ludotecas do Ludoverán 2019
NOTA de actualización en agosto:
Tanto para a segunda quincena de agosto como para setembro non hai vacantes dispoñibles e por tanto non se publicará unha lista detallada.
___
Todas as solicitudes de inscrición realizadas en prazo foron admitidas na ludoteca de primeira opción, polo tanto non se publicarán listas particulares de cada centro.
Unha vez que se pechou a solicitude de vacantes para o mes de xullo, actualizamos o número de prazas dispoñibles en agosto.
VACANTES DISPOÑIBLES
Agosto
CAMPOLONGO | SETEMBRO | INFANTIL | PRIMARIA |
0 | 7 | ||
ÁLVAREZ LIMESES | 1ª AGOSTO | INFANTIL | PRIMARIA |
5 | 0 | ||
MARCOS DA PORTELA | 1ª AGOSTO | INFANTIL | PRIMARIA |
1 | 2 | ||
2ª AGOSTO | INFANTIL | PRIMARIA | |
2 | 2 | ||
PONTESAMPAIO | AGOSTO | INFANTIL | PRIMARIA |
6 | 0 | ||
PARADA CAMPAÑÓ | AGOSTO | INFANTIL | PRIMARIA |
4 | 0 | ||
VILAVERDE | 1ª AGOSTO | INFANTIL | PRIMARIA |
0 | 7 |
Como solicitar as vacantes?
A partir do vindeiro luns, día 10 de xuño. As vacantes iranse cubrindo por orde de inscrición.
A solicitude só se recollerá presencialmente nas nosas oficinas.
Documentación?
Para solicitar vacantes deberase cubrir a ficha de inscrición, xunto co DNI da persoa que solicita e a tarxeta sanitaria (ou equivalente) do/s menores e o carné da ANPA (no caso de ser socio dunha ANPA de Pontevedra nun centro público).
Aboamento da inscrición
Ao contrario que no prazo regular, o pago deberá realizarse despois de ter confirmada a adxudicación da praza vacante. O pago poderá realizarse mediante transferencia ou mediante pago con tarxeta de crédito habilitada desde a propia oficina da FANPA.