Servizos para as ANPA presentar o imposto de sociedades

Debido á nova lexislación tributaria que afecta ás ANPA hoxe en día faise necesario para estas presentar a liquidación do imposto de sociedades.

Esta obriga dáse cando se produzan calquera destas circunstancias:

  • Os ingresos totais do exercicio superan os 75.000 €
  • Os ingresos non exentos sexan superiores aos 2.000 € no ano fiscal
  • Que as rendas non exentas estean sometidas a retención

Como xa informamos no seu momento a FANPA buscou a posibilidade de contar con apoio profesional para que as ANPA poidan xestionar esta obriga o menos onerosamente.

(por exercicio ou ano fiscal debe entenderse o período que anual que a ANPA teña establecido nos seus estatutos: ano natural - o máis normal- ou ben ano escolar)

 


A este respecto queremos informarvos de que chegamos a un acordo con dúas xestorías para que estas vos presten a seguinte oferta de servizos que podedes contratar con elas:

  • Presentación do modelo 397, Declaración de actividades con terceiras persoas
  • Presentación da Declaración do imposto de sociedades que inclúe
    • Un balance de situación da ANPA, cos seus saldos de contas bancarias, investimentos e outros
    • Conta de perdas e ganancias que se obtería dos resultados de ingresos e gastos do período “curso escolar”
    • Unha liquidación polo imposto de sociedades exento de tributación, sempre e cando non teña outro tipo de servizos que no estean exentos.
  • Declaración de retencións a profesionais que teñan facturado servizos á ANPA: modelos trimestrais e anuais.
  • Memoria económica do curso escolar

As empresas que mellores ofertas presentan son:

CyTEM Pontevedra

Contacto:

Departamento Contabilidad.

Teléfono: 986850204

contabilidad.pontevedra@cytem.es

 

Gabinete Profesional Cerdedo

Contacto:

C/ Ourense, 53.C.P. 36130, Cerdedo, Pontevedra.

GPCerdedo <administracion@gpcerdedo.com>

 

 


En paralelo a este servizo, no caso das ANPA que non necesitan presentar o imposto de sociedades porque non se dá ningunha das circunstancias descritas máis arriba, a xestoría CyTEM ofrece a presentación da retención a profesionais que facturan á ANPA, que sería a única obriga que deben cumprir

 

  • por declaración do modelo 111:  20,66 + IVA – TOTAL 25,00 €
  • polo resumo anual 20,66 + IVA – TOTAL 25,00 €

É dicir, aproximadamente 100,00 € anuais por tres declaracións do modelo 111 e o seu resumo anual (Modelo 190) -eliminando o trimestre de verán-.