Resposta á carta do xefe de Gabinete da Consellería de Educación sobre as dúbidas do protocolo de adaptación dos centros en comedores e madruga

En resposta ao escrito que FANPA e FOANPAS presentaron mantendo o peche do comedor e pedindo a modificación do protocolo para a prestación dos servizos de comedor e madruga que lles remitimos a mediados de agosto, finalmente o xefe de gabinete ofreceu unha simple nota de recepción e unha petición de colaboración sen aclarar nin unha soa das preguntas. É máis, desde o anuncio do peche do servizo de comedor realizado pola FANPA xa o 29 de xullo pasado da súa resposta infírese que faltamos a algún tipo de compromiso, polo que pon a responsabilidade do noso lado e mesmo dubida da nosa vontade de cooperación e iso é algo que necesita a correspondente resposta que comunicamos publicamente neste momento.
Estas aclaracións son vitais para a elaboración dos protocolos dos servizos de comedor e madruga e implican a modificación e adaptación do protocolo xeral así como o recoñecemento da corresponsabilidade por parte de Educación respecto de servizos e actividades que todas as comunidades escolares necesitan, non só para o ámbito educativo senón tamén con amplas repercusión sociais.