Programa de actividades municipais de maio “mes de lingua”

Venres 12 de maio:

Remata a semana de teatro de Ben Veñas, Maio, no Teatro Principal. Entrada libre:

– Ás 18 h As asembleístas. Grupo de teatro Os Autorizados do IES Torrente Ballester.

– Ás 20.30 h Unha rosa é unha rosa de Suso de Toro. Grupo de teatro do IES Sánchez Cantón.

Sábado 13 de maio:

– Ás 9.30 h III Maratón fotográfico Saca a Lingua na Casa da Luz.

– Ás 12.30 h Vermú entre libros con Ramón Caride acompañado por Calros Solla, na libraría Paz.

– Ás 17.00 h Certame musical Ben Veñas, Maio. Concurso de música e entrega dos premios dos certames de fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía, curtametraxes e música, a partir das 17.00 h, no auditorio do Pazo da Cultura.

– Ás 21.00 h Avelaíña Teatro presenta A Lola, no local da Sociedade Cultural Deportiva de Mourente.

Ás 23.15 h Concerto pola lingua da banda galega de rock Superoito, na praza das Cinco Rúas. Se chove será no Pequeno Karma (rúa Marqués de Riestra, 34)

Domingo 14 de maio

Ás 9.00 h roteiro polas beiras do Lérez con saída do mosteiro de Lérez. Percorrido circular, 14 km. Duración aproximada 4 horas. Dificultade media.

Luns 15 de maio:-

Ás 12.30 h Programa de radio especial das Letras Galegas, en directo no IES Torrente Ballester.

– Ás 20.00 h no Teatro Principal proxectarase, con entrada libre, a película Psiconautas, os nenos esquecidos. Alberto Vázquez e Pedro Rivero, 2015, 76 min. Non recomendada para menores de 16 anos. É a adaptación animada da novela gráfica homónima de Alberto Vázquez. Está protagonizada por Birdbov e Dinki, dous amigos que decidiron fuxir dunha illa asolada por unha catástrofe ecolóxica: Birdboy foxe illándose do mundo; Dinki emprende unha arriscada viaxe coa esperanza de que Birdboy a acompañe. Recibiu numerosos premios: Goya 2016 (Mellor Longametraxe de Animación) Premios do Cinema Europeo (nomeado a Mellor Filme de Animación) Annecv 2016 (Sección Oficial) Xixón 2016 ( Sección Oficial) Anilogue 2016 (Mellor Longametraxe) Lund 2016 (Premio do Público) Stuttgart 2016 (Mellor Longametraxe Animada) Donostia 2015 (Premio Lurra)

Martes 16 de maio:

– Ás 18.00 h A lingua nas rúas de Pontevedra. Camiñada sobre Castelao con Roberto Rivas e Susana Pedreira, desde a praza da Ferraría. (30 min.) Esta actividade sofre unha variación sobre a data prevista. Inicialmente estaba programado para o martes 23 pero adiántase para o martes 16.

– Ás 17 h Apego. Obradoiro de xogos e xoguetes, con Brazolinda, na Casa da Luz. Para familias con peques de 3 a 6 anos Cómpre inscrición: www.pontevedra.gal/apego/

– Ás 20.00 h Concerto musical no local social do Burgo, rúa Manuel Murguía, núm. 1. Poemas musicados de Rosalía de Castro polo grupo Caruma.

AVISO: por problemas da produtora Millo Filmes, completamente alleos ao Concello de Pontevedra, cancélase a proxección do documental Contando a Carlos Casares, que estaba programado na Casa das Campás ás 20.15 horas.

Mércores 17, Día das Letras Galegas:

– Ás 12.00 h desde a alameda de Santiago de Compostela sairá a manifestación pola lingua convocada por Queremos Galego co lema “en galego, sen límites”. Haberá autobuses desde Pontevedra para os que hai que reservar praza con antelación no enderezo electrónico queremosgalegopontevedra@gmail.com ou chamando aos teléfonos 986 852 950 e 986 866 205.

– Ás 10.30 na praza de Santa María, simultáneas de xadrez e homenaxe a Carlos Casares

– Ás 19.30 na praza de Curros Enríquez, alfombra floral e acto popular en homenaxe a Carlos Casares. Recital poético, actuación da Coral Polifónica de Sobradelo, do Coro da asociación sociocultural O Burgo e da Banda de Música de Pontevedra

Letras Galegas en Xeve, no centro cultural de Santa María de Xeve, xogos populares toda a xornada e:

ás 10.00 h Andaina ao Pazo Gondar, música e poesía (3 horas). Leva a túa poesía para a lectura;

– ás 14.30 h Xantar popular. Información e reservas: 986904678, 649177409;

ás 16.30 h lectura dramatizada homenaxe a Carlos Casares. Violín: Marina Hermida;

ás 19.00 h Coro de Xeve.

Podedes atopar máis información  na seguinte ligazón http://www.pontevedra.gal/

programaweb

Manifestación en Santiago da Plataforma “Queremos Galego”

Ademais, informámosvos que se queredes acudir á manifestación convocada por Queremos Galego co lema “en galego, sen límites” en Santiago de Compostela o 17 de maio, a organización pon varios autocares para os que cómpre reservar praza no enderezo electrónico queremosgalegopontevedra@gmail.com ou chamando aos teléfonos 986 852 950, 986 866 205. A saída de autobuses será ás 10.30 h desde o pavillón municipal dos deportes de Pontevedra.

Comentarios0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*